Investigan un condutor tras ser cazado por cuarta vez baixo os efectos do alcohol
15 de xuño de 2020 (09:41 h.)
"Velocidade e alcohol están detrás da maioría de sinistros viais que estamos tendo na desescalada", recoñece a Garda Civil.
O equipo de Atestados do Subsector de Tráfico da Coruña vén de abrir esta fin de semana unha investigación penal contra un home que foi interceptado, por cuarta vez, conducindo baixo a influencia do alcohol.
Os feitos aconteceron durante un punto de verificación de persoas e vehículos na DP-2904 entre Coristanco e Santa Comba, aínda no termo municipal coristanquñes. A patrulla notou os singos de embriaguez do condutor, polo que lle realizaron aproba de alcolemia, dando 0,90 e 0,94 mg/l en aire expirado, máis do triple do permitido.
Os axentes comprobaron que o condutor ten tres antecedentes polo mesmo delito en anos anteriores, sendo condentado penalmente e tendo que realizar o curso de Reeducación Vial nas tres ocasións.
Novas relacionadas
- 11-06: A Garda Civil detecta un menor conducindo sen carnet tras sufrir un accidente en Frixe.
- 03-06-2020: Dous positivos por alcohol tras sufrir sendos accidente en menos de 24 horas.