Martes. 07.07.2020
El tiempo

Dous positivos por alcohol tras sufrir sendos accidente en menos de 24 horas

  • "Velocidade e alcohol están detrás da maioría de sinistros viais que estamos tendo na desescalada", recoñece a Garda Civil.
Dous positivos por alcohol tras sufrir sendos accidente en menos de 24 horas

Ficaron sorprendidos os propios axentes do Equipo de Atestados do Subsector de Tráfico de A Coruña ao detectar que en dous accidentes na comarca, acontecidos durante o pasado domingo 31 de maio, ambos condutores daban positivo por alcolemia.

O primeiro sinistro acontecía no k.35 da AC-552 a altura de Carballo. Tras unha saída de vía, condutor daba o doble do permitido (0,51 e 0.59mg/l en aire espirado), quedando como investigado, e sendo o atestado remitido ao Xulgado de Instrución Nº3 de Carballo.

O segundo accidente acontecía en Muros, na AC-550, e foi unha maniobra de marcha atrás imprudente a que provocou o accidente batindo con outro coche. Ambos condutores resultaron ilesos, pero o condutor que provocaba o accidente daba 0,68 e 0,74mg/l nas probas de alcolemia. Fica investigado por un delito contra a seguridade vial por conducir baixo os efectos das bebidas alcohólicas.
Ademais, a Benemérita comprobou que o condutor era reincidente, pois xa dera positivo dous días antes, o 29 de maio. O atestado foi remitido ao Xulgado de Muros.

A Garda Civil tamén dou conta de dous accidentes semellantes, con sendos positivos, entre Oleiros e Sada, e na AP-9 preto da Coruña.

comentarios