En marcha a construción da senda na AC-421 entre Valenza e Castrobó
21 de abril de 2022 (08:01 h.)
Nova senda peonil en marcha na comarca de Bergantiños. A Xunta iniciaba onte a construción da senda na AC-421 entre Valenza e Castrobó, en Coristanco, que permitirá á veciñanza de Valenza acceder aos servizos de Castrobó.
Son 30.000 euros para acondicionar unha beirarrúa no treito situado entre os puntos quilométricos 5+440 e 5+630 da vía, que enlazará coa beirarrúa actual na marxe esquerda da estrada.
A intervención inclúe a mellora da rede de pluviais con rígola prefabricada de formigón e bordo e paso salvacunetas.