Unha muller evacuada tras un incendio na súa vivenda en Coristanco
13 de abril de 2026 (17:08 h.)
Esta mañá, pasadas as 11:00h, activábase a alerta por incendio na cociña dunha vivenda unifamiliar no lugar de Currás de Arriba, en Coristanco.
Chegaba de contado Protección Civil que comprobaba que a persoa residente estaba fóra da casa e que unha veciña axudara a sufocar o lume con cubos de auga.
O lume afectou aos mobles da cociña e a un sofá que había nesa estancia pero non se puido precisar a súa orixe; o resto da vivenda só se viu afectada por fume.
Os Bombeiros de Carballo ventilaron ben, e a muller residente na vivenda foi atendida polos técnicos da ambulancia de SVB con base en Carballo e posteriormente trasladada ao centro de saúde de Agualada para ser chequeada pola súa doutora.