luns. 13.04.2026
El tiempo

Unha muller evacuada tras un incendio na súa vivenda en Coristanco

Incendio vivenda coristanco
Incendio vivenda coristanco
Unha muller evacuada tras un incendio na súa vivenda en Coristanco

Esta mañá, pasadas as 11:00h, activábase a alerta por incendio na cociña dunha vivenda unifamiliar no lugar de Currás de Arriba, en Coristanco.

Chegaba de contado Protección Civil que comprobaba que a persoa residente estaba fóra da casa e que unha veciña axudara a sufocar o lume con cubos de auga. 

O lume afectou aos mobles da cociña e a un sofá que había nesa estancia pero non se puido precisar a súa orixe; o resto da vivenda só se viu afectada por fume.

Os Bombeiros de Carballo ventilaron ben, e a muller residente na vivenda foi atendida polos técnicos da ambulancia de SVB con base en Carballo e posteriormente trasladada ao centro de saúde de Agualada para ser chequeada pola súa doutora.
 

Comentarios