Novos cursos sobre plataformas móbiles na CeMit de Santa Comba
• “Aprende usar a Tableta”: do 15 ao 24 de maio, horario de 11:00 a 13:00 h.
• “Aprende a usar o Smartphone”: do 29 de maio ao 7 de xuño, horario de 11:00 a 13:00h.
Ademáis, en colaboración co aliado dixital FEGAUS (federación galega de asociacións universitarias seniors), ofértase un itinerario formativo que se realizarán cada venres dende o 12 de maio ata o 23 de xuño inclusive, en horario de 11:00 a 12:30 horas. Este itinerario está conformado polas seguintes actividades sobre o teléfono intelixente e as tablet:
• Venres 12 de maio: Descubre o teu móbil e disfruta de todo o que che pode ofrecer
• Venres 19 de maio: Aprende a navegar por internet e consellos do uso de google para utilizar todas as súas funcións.
• Venres 26 de maio: Usa internet con seguridade. Protéxete dos peligros da rede e aplicacións gratuitas.
• Venres 9 xuño:Aplicacións móbiles para cuidar a túa saude e controlar a túa actividade física
• Venres 16 de xuño: Cultura en dixital: museos e audioguías para disfrutar da arte con internet e lectura dixital
• Venres 23 de xuño: Aprende a comunicarte a través de internet: whatsapp, correo electrónico e aplicacións de videoconferencia.
“Edita as túas Imaxes Dixitais co GIMP”: actividade que se emite dende a Aula CeMIT das Pontes por videoconferencia do 12 ao 22 de xuño de luns a xoves, no horario de 10:00 a 12:00 h.
“Creación dun Blog con WordPress”: actividade que se emite dende a Aula CeMIT de Boiro por videoconferencia do 26 ao 29 de xuño, no horario de 10:00 a 12:00 h.
Xa se poden inscribir na propia Aula ou no 664374883 (polas mañás) e no 663746523 (polas tardes).Fonte
- Concello de Santa Comba.