venres. 02.05.2025
El tiempo

Novos cursos sobre plataformas móbiles na CeMit de Santa Comba

Novos cursos sobre plataformas móbiles na CeMit de Santa Comba
Cursos Aula CeMIT Santa Combas Vén uns meses de maio e xuño cargados na Aula CeMIT de Santa Comba. Os maiores maiores, e os non tanto, poderán aprender a manexar as plataformas móbiles (teléfonos intelixentes e tablets) en varios cursos.

•        “Aprende  usar a Tableta”: do 15 ao 24 de maio, horario de 11:00 a 13:00 h.

•        “Aprende a usar o Smartphone”: do 29 de maio ao 7 de xuño, horario de 11:00 a 13:00h.

Ademáis, en colaboración co aliado dixital FEGAUS (federación galega de asociacións universitarias seniors), ofértase un itinerario formativo que se realizarán cada venres dende o 12 de maio ata o 23 de xuño inclusive, en horario de 11:00 a 12:30 horas. Este itinerario está conformado polas seguintes actividades sobre o teléfono intelixente e as tablet:

•        Venres 12 de maio: Descubre o teu móbil e disfruta de todo o que che pode ofrecer

•        Venres 19 de maio: Aprende a navegar por internet e consellos do uso de google para utilizar todas as súas funcións.

•        Venres 26 de maio: Usa internet con seguridade. Protéxete dos peligros da rede e aplicacións gratuitas.

•        Venres 9 xuño:Aplicacións móbiles para cuidar a túa saude e controlar a túa actividade física

•        Venres 16 de xuño: Cultura en dixital: museos e audioguías para disfrutar da arte con internet e lectura dixital

•        Venres 23 de xuño: Aprende a comunicarte a través de internet: whatsapp, correo electrónico e aplicacións de videoconferencia.

“Edita as túas Imaxes Dixitais co GIMP”: actividade que se emite dende a Aula CeMIT das Pontes por videoconferencia do 12 ao 22 de xuño de luns a xoves, no horario de 10:00 a 12:00 h.

“Creación dun Blog con WordPress”: actividade que se emite dende a Aula CeMIT de Boiro por videoconferencia do 26 ao 29 de xuño, no horario de 10:00 a 12:00 h.

Xa se poden inscribir na propia Aula ou no 664374883 (polas mañás) e no 663746523 (polas tardes).

Fonte

  • Concello de Santa Comba.

Comentarios