O lobo será o protagonista da fin de semana de Santa Comba

Esta fin de semana terán lugar en Santa Comba as xornadas nacionais do Lobo que reunirán a detractores e a defensores desta expecie en extinción organizadas polo municipio xalleiro. Ao longo das xornadas, que terán lugar no edificio Multiusos, está prevista a proxección da película “Entre lobos” e varias ponencias con diferentes expertos na materia entre os cales estará o corcubionés Francisco Lema Fuentes. Unha das ponencias máis esperadas será a que ofrecerá Marcos Rodríguez Pantoja  autor de “el lobo solitario de Sierra Morena" e coñecido por vivir 12 anos no seo dunha manda de lobos. Outra das actividades que se enmarcan dentro destas xornadas é unha ruta BBT nocturna. Os interesados en participar na marcha, organizada polo concello de Santa Comba e o Club Ciclista Santa Compaña, poden anotarse no  617 55 88 76.  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Concello de Santa Comba