Venres. 29.03.2024
El tiempo

O lobo será o protagonista da fin de semana de Santa Comba

O lobo será o protagonista da fin de semana de Santa Comba
xornadas nacionais do lobo santa comba 2016 Esta fin de semana terán lugar en Santa Comba as xornadas nacionais do Lobo que reunirán a detractores e a defensores desta expecie en extinción organizadas polo municipio xalleiro. Ao longo das xornadas, que terán lugar no edificio Multiusos, está prevista a proxección da película “Entre lobos” e varias ponencias con diferentes expertos na materia entre os cales estará o corcubionés Francisco Lema Fuentes. Unha das ponencias máis esperadas será a que ofrecerá Marcos Rodríguez Pantoja  autor de “el lobo solitario de Sierra Morena" e coñecido por vivir 12 anos no seo dunha manda de lobos. Outra das actividades que se enmarcan dentro destas xornadas é unha ruta BBT nocturna. Os interesados en participar na marcha, organizada polo concello de Santa Comba e o Club Ciclista Santa Compaña, poden anotarse no  617 55 88 76.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios