Pensado Plágaro pasou de novo polo Xulgado de Carballo no marco da Operación Pataca

Nova sesión de declaracións a que tivo que pasar onte o actual teniente alcalde de Coristanco, Antonio Pensado Plágaro. Foi no marco da Operación Pataca, e xunto a el pasou polo Xulgado nº1 de Carballo un responsable do grupo de empresas Maracaná, principais promotores da suposta trama de licitación irregular de obras pola que a Fiscalía solicita para Plágaro 4 anos e medio de cárcere e 36 de inhabilitación. Unha vez aberto o xuízo oral, toca ir esclarecendo esta complicada trama pola que, supostamente “a dedo”, o ex alcalde adxudicou o 70% das obras entre 2009 e 2013 ao mesmo grupo empresarial, por un montante de máis 2,5 millóns de euros. En todo caso, fontes achegadas aseguran que esta non será a única denuncia á que teña que afrontar o voceiro popular. E mentres seguimos á espera de saber se volverá ser, por oitava vez, o candidato do PP ás municipais do vindeiro 2019, aínda que ten un expediente aberto pola Provinciald grupo Popular, xunto cos 6 edís que apoiaron a moción de censura de Gerpe.

Novas relacionadas

Novas de Coristanco

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).