A Plataforma de Veciños de Brenlla convoca unha manifestación en Coristanco contra as antenas de telefonía e as LAT

A concentración será diante da Casa do Concello de Coristanco
A Plataforma de Veciños de Brenlla convoca unha manifestación en Coristanco contra as antenas de telefonía e as LAT Este domingo, 22 de febreiro, ás 12:00h, Plataforma dos Veciños de Brenlla convoca a toda a veciñanza a participar nunha concentración diante do Concello de Coristanco. Baixo o lema “non ás antenas de telefonía móbil e ás liñas de alta tensión preto das nosas casas”, a veciñanza, que xa ten solicitado que se active o “principio de precaución”, defende a súa “saúde, o seu territorio e o dereito a vivir nun entorno seguro”.

”Ante a dúbida, protección. Ante o risco, responsabilidade”, reclaman.