Santa Comba amosa o seu querer pola filatelia

O venres, 16 de outubro de 2015 ás 12:00 horas no Museo Terra do Xallas terá lugar a inauguración da I EXPOSICIÓN FILATÉLICA SANTA COMBA 2015, organizada polo Concello de Santa Comba e a Sociedad Filatélica de A Coruña. O obxectivo é achegar a filatelia aos veciños de Santa Comba dar a coñecer esta afección. Esta exposición estará ubicada no Museo Terra de Xallas desde o día 16 ata o 24 de outubro de 2015 e contará cun total de 16 coleccións distribuídas en 72 cadros. O horario de visita da exposición será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Durante a mostra haberá un membro da Sociedad Filatélica de A Coruña que estará á disposición dos visitantes para calquera consulta relacionada co material exposto e temas de ámbito filatélico en xeral. Preténdese organizar visitas guiadas concertadas cos centros educativos do concello, durante as cales se realizarán diversos talleres de filatelia orientados aos máis pequenos.

Fonte