sábado. 03.05.2025
El tiempo

Santa Comba amosa o seu querer pola filatelia

Santa Comba amosa o seu querer pola filatelia
Exposicion filatelia Santa Comba O venres, 16 de outubro de 2015 ás 12:00 horas no Museo Terra do Xallas terá lugar a inauguración da I EXPOSICIÓN FILATÉLICA SANTA COMBA 2015, organizada polo Concello de Santa Comba e a Sociedad Filatélica de A Coruña. O obxectivo é achegar a filatelia aos veciños de Santa Comba dar a coñecer esta afección. Esta exposición estará ubicada no Museo Terra de Xallas desde o día 16 ata o 24 de outubro de 2015 e contará cun total de 16 coleccións distribuídas en 72 cadros. O horario de visita da exposición será de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Durante a mostra haberá un membro da Sociedad Filatélica de A Coruña que estará á disposición dos visitantes para calquera consulta relacionada co material exposto e temas de ámbito filatélico en xeral. Preténdese organizar visitas guiadas concertadas cos centros educativos do concello, durante as cales se realizarán diversos talleres de filatelia orientados aos máis pequenos.

Fonte

Comentarios