Santa Comba preparase para unha fin de semana deportiva

Por segundo ano e despois do éxito da primeira edición, o grupo informal Deporte e Vida Activa de Santa Comba, a través do programa Iniciativa Xove 2016 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e coa colaboración do departamento de Xuventude do concello de Santa Comba, está a organizar un evento deportivo "Fin de Semana de Deporte na Rúa" que terá lugar os días 17, 18 e 24 de setembro na praza de Santa Comba. Con esta iniciativa, a organización pretende mobilizar á xuventude da contorna a través da actividade deportiva e de ocio activo. Durante a mañá do vindeiro sábado día 17 celebrarase a fase previa dun torneo de 3x3 de fútbol. Xa pola tarde, a partir das 16 e ata as 18:30 horas disputaranse as finais do torneo 3x3 de fútbol urbano e oa mesmo tempo haberá un torneo de baloncesto 3x3, voley 3x3, master class de zumba e xogos populares para todas as idades.
O domingo 18, pola mañán, a partir das 9 horas haberá unha andaina -de oito quilómetros - aberta a todos aqueles que desexen participar. Ás 10 horas disputarase un trail de 25 km e outro de 14 km polos montes da localidade nos que que participarán unhas 200 persoas. Xa o sábado día 24 celebrarase a 2ª carreira popular "Deporte e Vida Activa en Santa Comba", e o primeiro duatlon Terras do Xallas con categorías infantil, benxamín, pitufos, absoluta 5K e absoluta 10K. A organización conta que unhas 500 persoas participen no duatlon. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Santa Comba