venres. 02.05.2025
El tiempo

Santa Comba preparase para unha fin de semana deportiva

Santa Comba preparase para unha fin de semana deportiva
deporte na rua santa comba setembro 2016 Por segundo ano e despois do éxito da primeira edición, o grupo informal Deporte e Vida Activa de Santa Comba, a través do programa Iniciativa Xove 2016 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e coa colaboración do departamento de Xuventude do concello de Santa Comba, está a organizar un evento deportivo "Fin de Semana de Deporte na Rúa" que terá lugar os días 17, 18 e 24 de setembro na praza de Santa Comba. Con esta iniciativa, a organización pretende mobilizar á xuventude da contorna a través da actividade deportiva e de ocio activo. Durante a mañá do vindeiro sábado día 17 celebrarase a fase previa dun torneo de 3x3 de fútbol. Xa pola tarde, a partir das 16 e ata as 18:30 horas disputaranse as finais do torneo 3x3 de fútbol urbano e oa mesmo tempo haberá un torneo de baloncesto 3x3, voley 3x3, master class de zumba e xogos populares para todas as idades. programa deporte santa comba O domingo 18, pola mañán, a partir das 9 horas haberá unha andaina -de oito quilómetros - aberta a todos aqueles que desexen participar. Ás 10 horas disputarase un trail de 25 km e outro de 14 km polos montes da localidade nos que que participarán unhas 200 persoas. Xa o sábado día 24 celebrarase a 2ª carreira popular "Deporte e Vida Activa en Santa Comba", e o primeiro duatlon Terras do Xallas con categorías infantil, benxamín, pitufos, absoluta 5K e absoluta 10K. A organización conta que unhas 500 persoas participen no duatlon. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Santa Comba

Comentarios