A veciñanza de Brenlla e Ferreira non queren a LAT nin unha gran antena de telefonía móbil
Este pasado venres 30 de xaneiro, o local social de Agualada acollía unha interesante charla sobre a sobreexposición ás ondas electromágneticas. Unha sesión organizada polos veciños de Brenlla e Ferreira, que contou coa participación de Xulio Carmona, de Ecoloxistas en Acción.
Maila climatoloxía, xuntáronse un número considerable de veciños interesados, tantos ós que lles afecta a línea de alta tensión Bustelo-Meirama, como os da antena de telefonía do concello de Coristanco.
O grupo ecoloxista achegou diversos estudos e informes de distintas institucións, por exemplo as conclusións e recomendacións do estudo de revisión bibliográfica sobre rediofrecuencias do Servizo de Investigación do Parlamento Europeo, que constatan efectos na saúde ás persoas que viven cerca das antenas e líneas de alta tensión, que entre outras patoloxías, poden aparecer por exemplo: alteracións funcionais do Sistema Nervioso Central, cefaleas, alteración do sono, irritabilidade, depresión, pérdida de memoria, cambios nos parámetros bioquímicos, reducción de antioxidantes (aliados na protección do cancro), unha maior mortalidade de cancro, etc.
Os organizadores e ecoloxistas reiteran que a capacidade de protección dos actuais límites de exposición a radiofrecuencias sen fíos está cuestionada por sociedades científicas, como a Sociedade Española de Protección Radiolóxica e a Sociedade Catalá de Saúde Ambiental.
Así, os veciños volven solicitar ó Concello e a Xunta de Galicia a súa implicación para aplicar o principio de precaución na implantación desta e outras antenas, ante os seus impactos potenciais.