mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Liña de Alta Tensión que logrou unir entidades e veciños de 7 concellos

Xentes de Oza e Bergantinos pola LAT
o pasado sábado xuntábanse no Espazo da natureza de Oza representantes de entidades de Cerdeda, Carballo, Coristanco e Cabana de Bergantiño
A Liña de Alta Tensión que logrou unir entidades e veciños de 7 concellos

Continúan as mobilizacións en contra da liña aérea de alta tensión (LAAT) 220 kV SET Bustelo e Baralláns-SET Meirama. Unha liña vinculada a un parque eólico paralizado cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que a cidadanía non entende que siga vixente.

O proxecto de liña logrou unir o rural de Bergantiños e da comarca de Ordes para parar esta desfeita. En boa parte, gracias ao traballo de colectivos como a Asociación Lourido de Valenza de Bergantiños, a A.V. Cereo, Plat. Non máis eólicos Campelo, Bustelo e Monte Toural, A. de Veciños de Aldemunde de Arriba, A. Senda Nova, Veciños polo Rural, Comisión de Festas de Queixas, A. Petón do Lobo, A. Alexandre Bóbeda, A. V. Agra do Orzan ou A.C.M. Coitelo de Pau, que foron informando á cidadanía das afectacións do proxecto, a veciñas e veciñas que non tiñan nin idea do que ía pasar ao carón das súas casas.

Así, o pasado sábado xuntábanse no Espazo da natureza de Oza representantes dunha boa xeira de entidades culturais, veciñais e ambientais de Cerdeda, Carballo, Coristanco e Cabana de Bergantiños para amosar un rexeitamento unido e frontal á proxectada liña que afectaría gravemente aos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Carballo, A Laracha, Cerceda, Ordes e Carral.

Como xa denunciaron entidades como Petón do Lobo, partidos como o BNG e mesmo Concellos como o da Laracha, as diferentes entidades sociais valorar moi positivamente o rexeitamento practicamente unánime que está a ter na veciñanza do rural bergantiñá, e que se traduxo en case 800 alegacións realizadas en tempo record dende a practica totalidade das parroquias por onde pasa.

Explicaron que “o impacto na saúde, a perda de valor das terras, o cambio de uso nas mesmas ou á afectación ao patrimonio natural e arqueolóxico así como as afectacións á paisaxe foron algunhas das causas do rexeitamento a un proxecto que ten coma orixe os polígonos eólicos”.

Lembrar que este proxecto afectaría concretamente a unha marea de parroquias como Corcoesto, Valenza, San Paio, Cereo, Erbecedo, Traba, Ardaña, Rus, Artes, Sofán, Rodís, Aldemunde ou Montemaior, entre outras da comarca de Bergantiños. E Rodís, Cerceda ou Queixas de.

BNG

Tamén o BNG vai levar o asunto ao Parlamento Galego, pregutando se ten analizadas as alegacións presentadas, se detectaron incumprimentos lexislativos na documentación achegada pola promotora; se avaliaron a opción de soterrar a liña, e se poden asegurar que os terreos de usos agropecuarios non serán afectados. Proporán ademais integrar esta liña noutras infraestruturas existentes.

Máis novas

Piden a suspensión da Liña de Alta Tensión Bustelo-Meirama que afecta a 7 concellos O TSXG decreta a suspensión cautelar do Parque Eólico de Bustelo-Baralláns A veciñanza de Treos únese contra o parque eólico Patiñeiro e abre un crowfunding para paralizalo

Comentarios