Xa repica a Novena cando Agualada agarda polas Antorchas do San Antonio
Completa semana a que se vén enriba na parroquia coristanquesa de Agualada. Ademais das festas verbeneiras de venres 13 e sábado 14 de xuño, a Unidade Pastoral de Coristanco, comandada polo párroco Manuel Mallo, prepara as festas de San Antonio.
Cada tardiña, ás 20:00h, repican dende onte e ata o día 12 a campás da Novena. Pero a vila xa pensa nunha das cita máis singulares, a Procesión dos Fachos e a bendición dos animais que terá lugar o xoves 12 de xuño ás 22:00h.
O venres 13 comezan as festas, con misas cada hora (a solemne ás 13:00 e ás 20:00h, bendecindo tamén aos animais ademais do pan de San Antonio), sesión vermú e verbena.
O sábado 14 celébrase a Virxe do Rosario e o Carmen, con misa ás 13:00h, e imposición do escapulario da confraría de Santo Antonio. Non faltará a sesión verbeneira con Alianza neste caso.
O domingo 15, hai misa por San Antono ás 11:00 e ás 13:00h.