mércores. 18.06.2025
El tiempo

Xa repica a Novena cando Agualada agarda polas Antorchas do San Antonio

Procesion das Antorchas da Virxe do Corpino do ano pasadp
Imaxe da procesión das Antorchas da veciña Virxe do Corpiño do ano pasado
Xa repica a Novena cando Agualada agarda polas Antorchas do San Antonio

Completa semana a que se vén enriba na parroquia coristanquesa de Agualada. Ademais das festas verbeneiras de venres 13 e sábado 14 de xuño, a Unidade Pastoral de Coristanco, comandada polo párroco Manuel Mallo, prepara as festas de San Antonio.

banner Festas de Agualada 1

Cada tardiña, ás 20:00h, repican dende onte e ata o día 12 a campás da Novena. Pero a vila xa pensa nunha das cita máis singulares, a Procesión dos Fachos e a bendición dos animais que terá lugar o xoves 12 de xuño ás 22:00h.

O venres 13 comezan as festas, con misas cada hora (a solemne ás 13:00 e ás 20:00h, bendecindo tamén aos animais ademais do pan de San Antonio), sesión vermú e verbena.

O sábado 14 celébrase a Virxe do Rosario e o Carmen, con misa ás 13:00h, e imposición do escapulario da confraría de Santo Antonio. Non faltará a sesión verbeneira con Alianza neste caso.

O domingo 15, hai misa por San Antono ás 11:00 e ás 13:00h.

Festas de Agualada 2025
Festas de Agualada 2025

Comentarios