14 concellos da comarca recibirán axudas para a a contratación dun técnico en Turismo
24 de marzo de 2021 (14:49 h.)
14 dos 19 concellos QPC, recibirán axudas da Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico de turismo. Así o vén de anunciar o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira, que defende que esta liña responde "á aposta por un sector vital que está nunha situación de emerxencia e precisa planificar o seu futuro".
O obxectivo é, "contribuír á creación de emprego, planificar o futuro e que os destinos sexan máis competitivos para o que é fundamental contar con persoal técnico que, ao noso ver, ten que estar asentado nos concellos".
| Concello | Concedido |
| CONCELLO DA LARACHA | 13.000,00 |
| CONCELLO DE CAMARIÑAS | 18.865,05 |
| CONCELLO DE CARBALLO | 19.717,02 |
| CONCELLO DE CARNOTA | 15.335,46 |
| CONCELLO DE CEE | 11.805,87 |
| CONCELLO DE CORCUBION | 12.414,42 |
| CONCELLO DE DUMBRIA | 13.022,97 |
| CONCELLO DE FISTERRA | 18.134,79 |
| CONCELLO DE MALPICA | 16.065,72 |
| CONCELLO DE MUROS | 18.378,21 |
| CONCELLO DE MUXIA | 15.700,59 |
| CONCELLO DE PONTECESO | 18.013,08 |
| CONCELLO DE VIMIANZO | 15.335,46 |
| CONCELLO DE ZAS | 14.848,62 |