8.600 veciños de toda a Costa da Morte tramitaron o seu DNI dende Carballo

Dende marzo está aberta a Unidade de Estranxeiría e Documentación de Carballo. 9 meses dende a implantación deste importante servizo burocrático para a cidadanía, que permitiu que se tramitasen, sen necesidade de desprazarse ata a Coruña, tramitou 8.605 DNI e 1.640 pasaportes.

Aínda que os/as carballeses/as son os/as principais usuarios/as, a Unidade de Estranxería e Documentación de Carballo é xa un centro de referencia para os habitantes de toda a Costa da Morte, e mesmo ten prestado atención a cidadáns das catro provincias galegas e doutras comunidades, como Madrid ou Barcelona. Os períodos vacacionais, como o verán e o Nadal, rexistran unha maior demanda, fundamentalmente porque son moitos os/as veciños/as da zona que residen no estranxeiro e que aproveitan as vacacións para poñer a punto a documentación. Coa posta en marcha do servizo tamén entrou en funcionamento o Punto de Actualización do DNIe (PAD), dispoñible as 24 horas do día nas dependencias da Policía Local para as persoas que precisen activar o seu DNI electrónico.

O horario de funcionamento é de luns a venres de 9 a 14, e o teléfono de atención ao público é o 981 755 118. Tamén está operativo o servizo de cita previa por Internet.

  Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo