A Anpas da Costa da Morte cítanse no Pazo de Cultura de Carballo nunha reunión extraordinaria
11 de febreiro de 2016 (06:00 h.)
Día longo hoxe xoves 11 de febreiro para os membros da Federación de Anpas - Asociación de Nais e Pais de Alumnos - da Costa da Morte. Ao longo da xornada terán varias citas que comezan ás 12:30 cunha reunión sobre as xornadas NEAE e aprendizaxe cooperativa no Pazo da Cultura de Carballo.
Xa pola tarde, ás 19:30 horas, e no mesmo lugar, manterán unha reunión coa asociación Aloumiños, sobre a xornada "Inclusión".
E media hora máis tarde, celebrarase a reunión extraordinaria das ANPAS da Costa da Morte na aula 4 do segundo andar do Pazo da Cultura carballés co obxectivo de tratar varios asuntos entre os que están axustar os tempos das ponencias e actuación na xornada de formación de Carballo - programada para o 12 de marzo - e votación de propostas para os premios Rosalía e Werto, xunto a outras informacións relativas ás vindeiras xornadas de formación. Ademais, durante a reunión aprobarán a entrada de novas ANPAs na federación. Durante a reunión extraordinaria estudarán a necesidade de mellorar a coordinación da comisión NEAE da Costa da Morte, no apartado que corresponde.
Ademais destes, trataranse outros asuntos como informar sobre a vindeira asamblea extraordinaria da confederación ANPAS GALEGAS e do novo Consello Escolar de Galicia onde están representados a través da Confederación ANPAS GALEGAS.
Novas relacionadas
- Novo curso de formación para as ANPAs da Costa da Morte
- A federación de Anpas Costa da Morte rexeita os orzamentos da consellería de Educación para o 2016
- As Anpas Galegas inician unha campaña de reivindicación por unha correcta atención educativa para os alumnos enfermos
- Hadrián, punta de lanza para unha campaña galega pola atención hospitalaria e domiciliaria
- A federación de Anpas da Costa da Morte reúnese coa nai de Hadrián
- Por unha atención educativa domiciliaria decente para Hadrián
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Anpas Costa da Morte