venres. 23.05.2025
El tiempo

A Anpas da Costa da Morte cítanse no Pazo de Cultura de Carballo nunha reunión extraordinaria

A Anpas da Costa da Morte cítanse no Pazo de Cultura de Carballo nunha reunión extraordinaria
Día longo hoxe xoves 11 de febreiro para os membros da Federación de Anpas - Asociación de Nais e Pais de Alumnos - da Costa da Morte. Ao longo da xornada terán varias citas que comezan ás 12:30 cunha reunión sobre as xornadas NEAE e aprendizaxe cooperativa no Pazo da Cultura de Carballo. Xa pola tarde, ás 19:30 horas, e no mesmo lugar, manterán unha reunión coa asociación Aloumiños, sobre a xornada "Inclusión". E media hora máis tarde, celebrarase a reunión extraordinaria das ANPAS da Costa da Morte na aula 4 do segundo andar do Pazo da Cultura carballés co obxectivo de tratar varios asuntos entre os que están axustar os tempos das ponencias e actuación na xornada de formación de Carballo - programada para o 12 de marzo - e votación de propostas para os premios Rosalía e Werto, xunto a outras informacións relativas ás vindeiras xornadas de formación. Ademais, durante a reunión aprobarán a entrada de novas ANPAs na federación. Durante a reunión extraordinaria estudarán a necesidade de mellorar a coordinación da comisión NEAE da Costa da Morte, no apartado que corresponde. Ademais destes, trataranse outros asuntos como informar sobre a vindeira asamblea extraordinaria da confederación ANPAS GALEGAS e do novo Consello Escolar de Galicia onde están representados a través da Confederación ANPAS GALEGAS. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Anpas Costa da Morte

Entradas Relacionadas

Comentarios