A APTCM convoca unha nova Asemblea para escoller directiva analizar o estado do CMAT

Por agora non se sabe moito del. Constituído en decembro do 2013 e recoñecido pola Xunta como interlocutor único do sector turístico costeiro en marzo deste ano, ata o día de hoxe non temos máis novas do CMAT (Costa da Morte Asociación Turística).

Pero o aínda Presidente da APTCM, a pesar da súa renuncia no mes de marzo, convoca unha nova Asemblea Xeral Ordinaria de Socios da entidade para o vindeiro luns 27 de outubro na Casa da Cultura de Vimianzo ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 horas en segunda. A orde do día inclúe, ademais da situación da APTCM, unha análise da situación da CMAT.

A Asemblea servirá para proceder á Elección dunha nova directiva que substitúa ao seu presidente durante estes últimos anos, Manuel Pan.
Admítense propostas de candidaturas ata o día 23 de outubro ás 13:00h e deberán achegarse en info@aptcm.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).