A Asociación de empresas galegas adicadas a internet e as novas tecnoloxías, EGANET, vén de organizar a súa primeira ‘misión tecnolóxica’, na que visitou os parques empresariais punteiros de Suecia, Noruega e Finlandia. Unha expedición que contaba con integrantes da Costa da Morte, xa que a entidade ten 3 representantes da Costa da Morte.
Grazas á visita crearon unha ampla rede de contactos con compañías coas que colaborar e abrir oportunidades de negocio. E debido ao éxito, estase a definir un proxecto semellante para viaxar Brasil a finais de novembro.
Igalia, AVA Soluciones Tecnológicas, Imatia Innovation, Isenda Telematica e a empresa corcubionesa Galinus Taller de Novos Medios foron as empresas asociadas participantes. Ademais, o secretario da entidade, o vimiancés Oscar Santos 5º pola dereita) foi un dos nosos embaixadores). Aí vemos aos empresarios da delegación galega xunto con representantes de Nokia no centro de investigación de Oulu, Finlandia.