Aberto o prazo de inscripción para o curso de monitor de actividades de tempo libre

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Santa Comba abre o prazo de incripción para o curso de "Monitor/a de actividades de tempo libre" que terá lugar durante o mes de agosto. En total son 200 horas de parte teórica seguindo un temario oficial e no que se abordarán diversos temas con perspectiva de xénero, realizarase unha ruta de educación ambiental e no que tamén se inclúe clases sobre a manipulación de alimentos. O custe do curso é de 260€; cunha rebaixa de 10€ para os veciños e veciñas de Santa Comba. Máis información e inscripcións en: OMIX Santa Comba (981 818 710) ou en ETL Recursos (981 558374 ou no enderezo electrónico etl@recursosgalicia.es )