![curso-santacomba]()
A
Oficina Municipal de Información Xuvenil de Santa Comba abre o prazo de incripción para o curso de
"Monitor/a de actividades de tempo libre" que terá lugar durante o mes de agosto.
En total son
200 horas de parte teórica seguindo un temario oficial e no que se abordarán diversos temas con perspectiva de xénero, realizarase unha ruta de
educación ambiental e no que tamén se inclúe clases sobre a
manipulación de alimentos.
O custe do curso é de 260€; cunha rebaixa de 10€ para os veciños e veciñas de Santa Comba.
Máis información e inscripcións en:
OMIX Santa Comba (981 818 710) ou en
ETL Recursos (981 558374 ou no enderezo electrónico etl@recursosgalicia.es )