Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso trasládanlle a Xunta as queixas polos continuos problemas de conectividade con Movistar

Alcaldes de Bergantiños con Belén Docampo

Levan meses os concellos de Bergantños con problemas de conectividade. A rede de Movistar peta continuamente deixando sen conexión durante horas a toda a cidadanía, pero tamén puntos tan importantes como o Centro de Saúde, ou os centros educativos. 
 

 

Ante esta situación, os alcaldes de Laxe, Malpica, Cabana e Ponteceso visitaron á Delegada da Xunta na provincia, Belén Docampo, para analizar a situación derivada das reiteradas incidencias na prestación do servizo de telecomunicacións.

Os rexedores denuncian cortes frecuentes desde hai meses nos servizos de telefonía e internet, con consecuencias directas sobre a actividade administrativa, económica e social da zona de forma recurrente pola falta de capacidade da infraestrutura neste territorio e tamén con gran incidencia nos últimos períodos estivais.

Subliñaron que se trata dun problema que afecta a servizos esenciais, como o funcionamento dos propios concellos, tecido produtivo local ou o funcionamento diario dalgúns dos trámites dos centros de saúde, e que “non pode normalizarse no rural galego”. Neste sentido, lembrou que a prestación do servizo corresponde á operadora, que ten a obriga de garantir a súa continuidade e calidade, especialmente cando se trata de infraestruturas básicas para a cidadanía.

Os rexedores trasladáronlle unha solicitude a delegada para que a Amtega faga un seguemento destas anomalías nestes catros concellos e a intermediación coa operadora. Ademais, informaron tamén das queixas formales trasladadas tanto á operadora como á Delegación do Goberno, o pasado mes, solicitando unha inspección e a intermediación para que se poña fin aos cortes de suministro nestes catro municipios.