Os concellos de Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso claman contra Movistar polos reiterados cortes de suministro
Por Mazaricos, os problemas coa rede chegaron ata unir aos 3 partidos políticos... Por Bergantiños a cousa tamén está moi grave, debido aos continuos cortes de subministración telefónica por parte de Movistar. Ata o punto de que os Concellos de Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso únense nunha queixa formal conxunta contra a empresa, para que poña fin aos reiterados cortes de subministración telefónica e de internet inxustificados na zona.
Desde o Concellos alegan que durante os dous últimos meses os clientes de dita empresa, non así os que pertencen a compañías que usan a liña principal de Movistar, sufriron varios cortes inxustificados que dificultan certas actividades do seu día a día. Veciños, negocios do concello, o centro médico ou o de Día, os colexios...
Situacións que tamén afectan seriamente á actividade administrativa do Concello, poñendo en perigo os prazos administrativos e obstaculizando a labor dos traballadores municipais que precisan dos servizos contratados para realizar as súas tarefas habituais.
Ambos os catro concellos que interpuxeron esta queixa formal solicitan á compañía telefónica que resolvan de forma definitiva estes problemas técnicos que impiden prestar un servizo de calidade aos clientes ao consideralo unha falta de respecto e de profesionalidade.
