Os aloxamentos de natureza, un valor á alza na Costa da Morte

Cabanas da Torre, en Laxe

Medran na Costa da Morte os aloxamentos na natureza, ideais para unha escapada de fin de semana. Eses novos establecimentos hostaleiros que te permiten vivir a natureza dende dentro, onde o principal plan é a tranquilidade. Despois das pioneiras Cabañitas do Bosque de Outes, foron moitos os emprendedores da comarca que se comezaron a fixar nesta nova onda turística.

Así, a día de hoxe na comarca temos unha gran oferta. Dos Nidos de Carnota, ás Cabanas de Barizo, pasando polas Cabanas de Air Fervenza, ou o Refuxio dos Cebreiros de Mazaricos; as Cabañas de Fisterra, as Cabanas de Lires, e ata as Cabanas da Torre de Laxe.

Cabanas de Air Fervenza Mazaricos copia

Tamén, lonxe da nosa comarca esta clase de establecimentos están á alza, e non está de máis unha escapada para disfrutar da experiencia nas Cabanas de Xarás, en Marín, ou ata as singulares estruturas do Glamping The Teepee e da Casa Otea, ambas en Ávila.