AMEGA invita a suscribirte aos medios en galego
Neste mes de maio e, con motivo do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), da que QPC é socio fundador, a provedora de servizos dinahosting e PuntoGal unen esforzos para apoiar o uso do galego nos medios de comunicación a través da iniciativa “Subscríbete ao galego”.
Dende o 17 de maio ata o 31 do mesmo mes, as persoas que se subscriban nalgún dos medios participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.
Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter o seu hosting e dominio gratis ata o 30 de xuño.
Tendes toda a información en www.mediosengalego.gal, e aquí recollemos os medios con subscrición que participan nesta campaña son:
- A movida
- A Trabe de ouro
- Código Cero
- Mallando no Android
- Mazarelos
- Nós Diario
- O Salto Galiza
- Praza.gal
- Revista Grial
- Revista Luzes
- Tempos novos
- Tempos dixital
Medios sen subscrición que participan na campaña son:
- AMSGO!
- A Nova Peneira
- A Xente de Teo
- Bisbarra
- Biosbardia
- Boísimo
- Crónicas da comarca
- Ecos da Comarca
- Emuga
- Galicia Confidencial
- Gciencia
- Galicia Xa
- Lindeiros
- Nós Televisión
- O Barbanza
- O Sil
- Picheleiro
- Ponte nas... Ondas!
- Que pasa na costa
- Revista Pincha
- Xornal da Coruña
- Xornal da Estrada