mércores. 29.04.2026
El tiempo

AMEGA invita a suscribirte aos medios en galego

Suscribete ao galego amega 2026
AMEGA invita a suscribirte aos medios en galego

Neste mes de maio e, con motivo do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), da que QPC é socio fundador, a provedora de servizos dinahosting e PuntoGal unen esforzos para apoiar o uso do galego nos medios de comunicación a través da iniciativa “Subscríbete ao galego”.

Dende o 17 de maio ata o 31 do mesmo mes, as persoas que se subscriban nalgún dos medios participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.

Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter o seu hosting e dominio gratis ata o 30 de xuño.

Tendes toda a información en www.mediosengalego.gal, e aquí recollemos os medios con subscrición que participan nesta campaña son:

  • A movida 
  • A Trabe de ouro
  • Código Cero 
  • Mallando no Android 
  • Mazarelos 
  • Nós Diario 
  • O Salto Galiza 
  • Praza.gal
  • Revista Grial 
  • Revista Luzes 
  • Tempos novos 
  • Tempos dixital

 

Medios sen subscrición que participan na campaña son: 

  • AMSGO!
  • A Nova Peneira 
  • A Xente de Teo
  • Bisbarra
  • Biosbardia
  • Boísimo
  • Crónicas da comarca
  • Ecos da Comarca
  • Emuga
  • Galicia Confidencial
  • Gciencia
  • Galicia Xa
  • Lindeiros
  • Nós Televisión
  • O Barbanza
  • O Sil
  • Picheleiro
  • Ponte nas... Ondas!
  • Que pasa na costa
  • Revista Pincha
  • Xornal da Coruña
  • Xornal da Estrada

 

Comentarios