O arco da vella invadiu ás prazas da Costa da Morte en repulsa ao asasinato homófobo de Samu

Concentración en Camariñas

Conmocionada está Galicia co asasinato homófobo acontecido esta fin de semana na Coruña. A morte, a golpes de Samuel Luíz, un mozo de 24 anos, tras recibir insultos como “deixa de gravar o te mato”, volve poñer de manifesto a situación de indefensión que sofren milleiros de persoas por todo o planeta.

Á chamada dos colectivos feministas, concellos e grupos de veciñ@s secundaron a concentración en repulsa convocada en toda Galicia baixo as etiquetas #XustizaParaSamuel ou#TodassomosSamuel. Máis de medio centenar de concentracións provocaron unha invasión das cores do arco da vella por todo o país. 7 delas foron a Costa da Morte.

Ao mediodía saíron ás portas do Concello en Vimianzo, A Laracha e Camariñas.

A útima hora da tarde, e a pesar do tempo, ducias de persoas acodiron ás concentracións en Laxe, Corme, Cee, Carballo, Malpica, VImianzo e Ponteceso.

”Sen odio, nin intolerancia, nin homofobia, contra a violencia” rezaban por exemplo as pancartas en Laxe, antes de celebrar o minuto de silencio.


Concentración en Malpica

Concentración en Laxe


Concentración na Laracha

Concentración en Vimianzo


Concentración en Ponteceso


Concentración en Cee


Concentración en Corme


Concentración en Coristanco

 

Novas relacionadas