Sábado. 20.04.2024
El tiempo

“Os reclusos teñen menos prexuízos coa miña orientación sexual ca moitos compañeiros funcionarios de prisións”

“Os reclusos teñen menos prexuízos coa miña orientación sexual ca moitos compañeiros funcionarios de prisións”
Victor Somoza Víctor Somoza Esta semana saltaba  á voz pública estatal unha denuncia presentada por un veciño de Cee por acoso laboral. Trátase de Víctor Somoza (Cee, 1980), quen, como Funcionario de Prisións, vén de denunciar a Instituciones Penitenciarias e mesmo ao Ministro Grande Marlaska ante o continuo acoso que sofre por parte dos seus compañeiros pola súa orientación sexual. Falamos con Somoza, residente en Madrid, pero sempre presente na vida municipal ceense desde a súa activa acción política dende o partido de Unión Cidadá Galega.  
  • QPC: Desde cando sofres esta situación de acoso no teu posto de traballo?
Coincide casualmente con varios feitos acontecidos no ano 2016, coa creación do noso partito político UNIÓN CIDADÁ GALEGA e as diferentes accións que afectaban á Xunta de Galicia, como a denuncia á Cominsión Europea para a execución da subvencións para os autónomos; tamén, polos escritos presentados á Xunta cando foi o intento de segregación de Ferroatlántica do grupo Ferroglobe … e por unha denuncia interposta á inspección de traballo por non cumprir o centro penitenciario a lexislación vixente.  
  • QPC: De que xeito sofres este acoso e por parte de quen?
O presunto delito de acoso laboral, entre outros existentes, que denuncio vense presuntamente producindo por parte do Director do Centro, amparado e encuberto, presuntamente por o resto de denunciados con inaccións que no xulgado se dirimirá, polas abultadas probas que aportei na denuncia e que aportarei na ampliación que presentarei nestes días.  
  • QPC: Cando decides presentar a denuncia contra o Ministerio de Interior? Houbo algún feito en concreto que te levara a facer isto?
Decidino despois de prestar denuncia dun presunto delito de acoso laboral á Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias (SXIIPP) e observar que o procedemento interno non era neutral, de feito puxeron de instructora a unha persoa que recusei e denegáronme a recusación, sen garantir na resolución de recusación os meu dereitos, que constan na denuncia. E si, houbo varios feitos concretos importantes: 1º- No meu lugar de traballo había unhas temperaturas que excedían as legalmente estipuladas e advertín o centro en reiteradas ocasións dese feito e non fixeron nada ata que sufrín un golpe de calor. 2º- No traballo, os sindicatos chegaron ao acordo de que se rotarían todos os postos de traballo e nos diferentes turnos, sempre que houbese unha persoa que o quixese, e na miña garda eu era un deses que sí queríamos rotar, e non se rotou téndome aillado nun lugar, sen case contacto co resto de persoal. O cambiar de posto no concurso de traslados tíñanme dun lugar para outro sen un posto fixo, mentres a meirande parte da xente ten un posto fixo, e dado que traballamos con poboación reclusa é preciso coñecer ben os internos e o non ter un posto fixo iso é imposible poñendo en risco a miña integridade e a dos meus compañeiros. 3º- O director do centro fixo uns comentarios sobre, (o que el entendía que era) a miña ideoloxía política dende un punto de vista despectivo e con desprecio tal e como me manifestou a funcionaria que acudirá a declarar no momento procesual oportuno. 4º- Sufrín un accidente no traballo e solicitei, ao abeiro da lexislación vixente, que mo tramitaran e non o fixeron, cando tiñan coñecemento desa situación e solicitei explícitamente que incoaran o procedemento, e non o fixeron. 5º- Solicitei unha licencia sen soldo de dous meses e denegouseme cando non coñezo, nin coa xente que falei do traballo, a ningunha persoa que se lle denegase. 6º- Estando de baixa e presentando as baixas en tempo en forma, pois fago a meirande parte das veces vía rexistro, mandoume un burofax, solicitando que mandase os partes de baixa en tempo e forma, cando xa o estaba realizando, tal e como acredito na denuncia ante o Xulgado pertinente.  
  • QPC: Previamente a esta denuncia, intentaches defender os teus dereitos como un traballador máis e saber os motivos de tal persecución?
Intenteino en reiteradas ocasións sendo nula a actuación das SXIIPP.  
  • QPC: Persoalmente, é duro cumprir co teu traballo como funcionario de prisión nun ambiente con tantos prexuízos?
O traballo é moi bonito pois falas cos reclusos, e ao ser tamén abogado, aínda que non exerzo por réximen de incompatibilidades, adoito asesoralos xuridicamente e falamos moito das súas causas, e os internos teñen menos prexuízos que moitos dos propios compañeiros que sí os teñen.  
  • QPC: A poboación LGTBI segue enfrontándose a situacións de burla e violencia por facer pública a súa orientación sexual, especialmente no eido laboral. Esta é a primeira vez que sofres acoso por este motivo ou xa che ten pasado nalgunha outra ocasión?
Non, no resto de traballos que tiven nunca sufrín acoso laboral pola miña orientación sexual, pero neste caso podería ser que presuntamente sexa xunto pola miña ideoloxía política un engadido máis, pois hai un compañeiro que tamén é homosexual e está a sufrir presuntamente acoso laboral por tal feito, e tamén o denunciou na SXIIPP e en breves cónstame que o denunciará no xulgado, e iso non parece casualidade.   É certo que volvo presentarme co aval dos meus compañeiros de partido que nunca tiveron reparo por este asunto, de feito nós somos un partido diverso onde desexamos que se garantan todos os dereitos individuais das persoas, e entre eles a orientación sexual. Ademais no ámbito político, como no resto de eidos, o importante non é a orientación sexual senón ser boa persoa e no ámbito político ter a capacidade de resolver e solventar problemas.  
  • QPC: Ata onde chegará a túa loita? Confías en que se faga xustiza?
Eu estou disposto a chegar ata as últimas consecuencias para que non sucedan máis casos de presunto acoso laboral sexa por orientación sexual, raza, opinión política, crenza, situación social… ou outra circunstancia. Agardo que coas probas documentais que son extensas así como as testificais lograr se faga xustiza e que a xente se anime a denunciar calquera tipo de acoso.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/victor-somoza-volvera-presentarse-en-cee-por-union-cidada-galega/

Comentarios