A Costa da Morte garda silencio polos gardas civís falecidos en Barbate tras ser alcanzado por unha narcolancha

Concentración diante da Casa do Concello de Carballo

Varios concellos da Costa da Morte sumáronse este luns á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios y Provincias - FEMP - en apoio e solidariedade coas familias dos dous gardas civís falecidos o pasado día 9 de febren mentras estaban en acto de servizo en Barbate (Cádiz) e ser arroiados por unha narcolancha.

Tal foi o caso de Carballo, onde membros do equipo de goberno e persoal municipal se sumaron á concentración celebrada onte ao mediodía na Praza do Concello. 

Tamén en Malpica houbo unha concentación diante da Casa do Concello á que se sumaron o Alcalde, outros membros da corporación, persoal municipal e veciñanza. 

Concentración do Concello de Malpica

E na Laracha gardouse un minuto de silencio nun acto que tivo lugar onte pola mañá diante da Casa do Concello. 

Persoal do Concello de A Laracha gardaron un minuto de silencio