A Costa da Morte garda silencio polos gardas civís falecidos en Barbate tras ser alcanzado por unha narcolancha

Varios concellos da Costa da Morte sumáronse este luns á convocatoria realizada pola Federación Española de Municipios y Provincias - FEMP - en apoio e solidariedade coas familias dos dous gardas civís falecidos o pasado día 9 de febren mentras estaban en acto de servizo en Barbate (Cádiz) e ser arroiados por unha narcolancha.
Tal foi o caso de Carballo, onde membros do equipo de goberno e persoal municipal se sumaron á concentración celebrada onte ao mediodía na Praza do Concello.
Tamén en Malpica houbo unha concentación diante da Casa do Concello á que se sumaron o Alcalde, outros membros da corporación, persoal municipal e veciñanza.

E na Laracha gardouse un minuto de silencio nun acto que tivo lugar onte pola mañá diante da Casa do Concello.
