O BNG volveu amosar o seu apoio ao pobo palestino con concentracións en Corcubión e Carballo
16 de abril de 2024 (07:30 h.)
EWste luns 15 de abril volveu ser día de concentración en todo o país. Os colectivos "Galiza por Palestina", "Mar de Lumes", "Asociación Galaico Árabe Jenin" e BDS Galiza convocaban a enésima concentración en apoio ao pobo palestino, e na Costa da Morte, tanto o BNG do sur da comarca como o BNG de Bergantiños secundaban a parada con sendas concentracións na praza de Castelao de Corcubión e na Praza do Concello<&p>
Nas concentracións douse lectura a un comunicado das organizacións convocantes no que se denuncia a dobre moral dos poderes occidentais, que insisten en manter relacións e comercio de armas co Estado xenocida de Israel. Así como exixir a aplicación da lexislación internacional para recoñecer os dereitos do pobo palestino.