O BNG volveu amosar o seu apoio ao pobo palestino con concentracións en Corcubión e Carballo

EWste luns 15 de abril volveu ser día de concentración en todo o país. Os colectivos "Galiza por Palestina", "Mar de Lumes", "Asociación Galaico Árabe Jenin" e BDS Galiza convocaban a enésima concentración en apoio ao pobo palestino, e na Costa da Morte, tanto o BNG do sur da comarca como o BNG de Bergantiños secundaban a parada con sendas concentracións na praza de Castelao de Corcubión e na Praza do Concello<&p>
Nas concentracións douse lectura a un comunicado das organizacións convocantes no que se denuncia a dobre moral dos poderes occidentais, que insisten en manter relacións e comercio de armas co Estado xenocida de Israel. Así como exixir a aplicación da lexislación internacional para recoñecer os dereitos do pobo palestino.
O pobo palestino non se rende, e nós tampouco. Un día máis saímos á rúa para esixir a fin do xenocidio.
— BNG Carballo (@bng_carballo) April 15, 2024
Paz e liberdade para Palestina. pic.twitter.com/sX3ugGzNbV
Mosaico en Compostela
E lembra! Este 21, participa no grande mosaico da bandeira que construiremos en #Compostela en apoio ao pobo da #Palestina.
— Mar de Lumes (@mardelumes) April 15, 2024
📝Anótate xa en https://t.co/3tlzwJ661N, ou escribe a mosaicodia21@gmail.com pic.twitter.com/XzzJ11XzMC