A borrasca Martinho deixa a súa pegada na comarca

Protección Civil retirando unha árbore nunha estrada en Corcubión

Dende esta pasada noite, a Costa da Morte sofre o azoute da borrasca Martinho. De feito a AXEGA elevou a alerta laranxa por fortes ventos, que irán amainando ao longo da xornada.

Polo de pronto xa se rexistraron refachos de 134km/h na estación meteorolóxica da Gándara, en Vimianzo; e de 133km/h na de Lira, Carnota.

Por Brens, así estaba o mar:

Retiradas de árbores

Os efectivos de Protección Civil, Ges e Bombeiros provinciais traballan arreo a estas horas para controlar as desfeitas de Martinho, sobre todo en canto a caída de árbores, que esperemos non provoquen os problemas coas infraestruturas básicas que deixou Herminia a finais de xaneiro.

Poste da luz caído en Cee

Os bombeiros do parque Provincial de Cee participaron na retirada dunha varanda na azotea do hospital de Cee por previsible caída; na retirada de varios postes de tendidos eléctricos e de telefonía en Fisterra; na retirada de cascotes dunha fachada en Cee; na supervisión do desprendemento dun andamio en Cee; e na retirada de árbores caídos en tendidos e vehículos en Cee.

No Monte do Cabo de Fisterra, así arrasou Marinho:

Foto: Manu
Árbore caida no porto de Corcubión

Así, por Corcubión, ademais dunha embarcación á deriva, os membros de Protección Civil tiveron que acodir a retirar unha árbore na zona do peirao, e varias na estrada ao Faro.

Por Carballo, osbombeiros do parque Provincial de Carballo tiveron que retirar unha árbore na estrada que vai de Cótaro a Albarís, na parroquia de Rus.

Árbore caída en Rus

Máis novas