Carballo tamén comezou coa campaña de colocación de trampas para a avespa velutina
Como fixera Zas a semana pasada, e ante a parálise da Xunta, o Concello de Carballo arrincou a campaña contra a avespa velutina coa colocación de trampas nos espazos públicos axardinados. De feito, a primeira raíña da temporada foi capturada nunha das trampas instaladas polo alumnado da escola unitaria de Verdillo.
Foi o persoal da empresa de control de pragas, Plaguiber, o que comezou a colocación de trampas nos espazos públicos axardinados do casco urbano, facendo especial fincapé naqueles nos que hai camelias, rododendros ou outras especies con flores, que resultan moi atractivas para os insectos nesta época do ano.
O aumento da praga faise evidente analizando os números carballeses. No ano 2015 localizáronse e retiráronse 12 niños, no 2016 xa aumentaron a 249 e no 2017 incrementáronse ata 647, que supuxeron, ademais do custe medioambiental, un gasto económico superior aos 35.000 euros.
Este ano, ademais dos/as apicultores/as, Carballo conta coa colaboración dos centos de nenas e nenos que participaron na campaña divulgativa realizada en todos os colexios de primaria do municipio e Aspaber.
Xa saben que para facer unha trampa só fai falla unha botella de plástico e un líquido atraínte, que pode ser calquera líquido doce (zume, auga con azucre...) que é convinte renovar cada 15 días, e agardar a que as avespas caian na trampa.
Novas relacionadas
- Marzo 18: O Concello de Zas comezou ca instalacións de trampas para a velutina ante a pasividade da Xunta.
- Marzo 18: Zas tamén lidera a loita de concellos e veciños contra a velutina.
- Marzo 18: Momento ideal para afiar a guerra contra as raíñas veluntinas.
- Febreiro 18: Santa Comba decláralle a guerra á avespa velutina.
- Xaneiro 18: Balanzo dun ano da “Guerra da Velutina” en Carballo.
- Novembro 17: Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina.
- Novembro 17: Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)