venres. 16.05.2025
El tiempo

Carballo tamén comezou coa campaña de colocación de trampas para a avespa velutina

Carballo tamén comezou coa campaña de colocación de trampas para a avespa velutina
TRAMPA VELUTINA

Como fixera Zas a semana pasada, e ante a parálise da Xunta, o Concello de Carballo arrincou a campaña contra a avespa velutina coa colocación de trampas nos espazos públicos axardinados. De feito, a primeira raíña da temporada foi capturada nunha das trampas instaladas polo alumnado da escola unitaria de Verdillo.

Foi o persoal da empresa de control de pragas, Plaguiber, o que comezou a colocación de trampas nos espazos públicos axardinados do casco urbano, facendo especial fincapé naqueles nos que hai camelias, rododendros ou outras especies con flores, que resultan moi atractivas para os insectos nesta época do ano.

O aumento da praga faise evidente analizando os números carballeses. No ano 2015 localizáronse e retiráronse 12 niños, no 2016 xa aumentaron a 249 e no 2017 incrementáronse ata 647, que supuxeron, ademais do custe medioambiental, un gasto económico superior aos 35.000 euros.

Este ano, ademais dos/as apicultores/as, Carballo conta coa colaboración dos centos de nenas e nenos que participaron na campaña divulgativa realizada en todos os colexios de primaria do municipio e Aspaber.

Xa saben que para facer unha trampa só fai falla unha botella de plástico e un líquido atraínte, que pode ser calquera líquido doce (zume, auga con azucre...) que é convinte renovar cada 15 días, e agardar a que as avespas caian na trampa.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios