Comezaron as obras de reforma do firme da AG-55
Esta pasada noite comezaron os traballos de renovación do firme na autoestrada A Coruña-Carballo (AG-55). Estas intervencións, que suporán un investimento de preto de 90.000€, consistirán na rehabilitación da capa de rodaxe nesta autoestrada autonómica.
Para poder levar a cabo estas actuacións, nas noites dos días 14, 15 e 16 de setembro será necesario cortar de maneira secuencial os ramais nos enlaces de Sabón e Paiosaco.
Os traballos continuarán a partir do xoves 18 de setembro e durante tres xornadas xa en horario diurno. Nestes días realizaranse distintas tarefas de reparación localizada de firmes ao longo do tronco da autoestrada con afectación a un carril que estará debidamente sinalizado.
De xeito máis concreto, as actuacións consistirán no estendido dunha nova capa de firme de rodadura nunha superficie de 6.292 m² en tronco e 3.467,06 m² en ramais.