As comunidades escolares de Carballo e Cee saíron á rúa por unha volta segura ao cole

Concentración en Carballo por unha volta ao cole segura

Ducias de familias e estudantes saíron a rúa este mércores 16 de setembro en todo o país para pedir #AulasSeguras na volta ao cole. Foron concentracións convocadas por todos os sindicatos e as ANPAS (CIG, CCOO, STEG, CSIF, Erguer, ANEGA, Anpas Galegas e Confapa) en 24 cidades, entre as que non faltaron Cee e Carballo.


Concentración en Cee

Á xa clásica pancarta “Queremos un ensino público de calidade”, que leva anos saíndo a rúa, sumou a de “Queremos seguridade nas aulas”.

As peticións son claras. Máis recursos, máis persoal, menos ratio, son algunhas das demandas da comunidade escolar para afrontar este comezo de curso, nun ensino público moi mermado polos continuos recortes acontecidos durante todos estes anos.

Imaxe da concentración en Carballo

O BNG de Carballo facía estas declaracións:

 

Novas relacionadas