A Costa da Morte saíu de novo á rúa con forza contra a violencia machista

Imaxe da concentración en Carballo

Saíu á rúa outra vez a sociedade da Costa da Morte a demostrar o seu rexeitamento ante un novo episodio de violencia de xénero. O terrible caso de Tenerife, co achádego dunha das dúas fillas asasinadas polo seu pai, estremeceu a todo o estado. Os colectivos feministas non quixeron quedar caladas e saíron a facer ruído.

Lembraron que só neste ano van 28 feminicidios. "Quérennos caladas, pero xa non máis, porque non podemos estar mñáis indignadas. Estamos aquí na rúa para que esto pare. Que estamos facendo mal como sociedade?" preguntáronse as Buseranas.

En Carballo as mulleres do Círculo Feminista de Carballo berraron frases como "Feminismo organizado contra o patriarcado" ou "Non é un caso illado, é o patriarcado".

En Laxe tamén hioubo unha resposta rotunda da veciñanza.

Así foi a concentración en Carballo


Así foi a concentración en Cee:


 

Así foi en Laxe:

Novas relacionadas