“As cotas do abadexo son un insulto”
Falabamos a semana pasada da grave situación da pesquería do polbo. Esta semana queremos poñer o foco no abadexo, unha das especies estratéxicas para a pesca artesanal da Costa da Morte. I é que son moitas as artes que teñen no abadexo unha fonte fiable de capturas. Palangrillo, miños, betas... moitas embarcacións dependen desta especie que ten como curiosidade, que se trata unha das especies con varios nomes, que se definen en función do tamaño, levando nomes así badexo, corobelo ou sarreta.
O caso é que a pesar da gran cantidade de especie que hai no litoral costeiro, a cota viuse reducida nestes anos nun 53%, puidendo capturar cada embarcación apenas 5kg ao día. Unha cantidade considerada como “un insulto”, no mundo da pesca artesanal.
Así, o inverno está comezando de xeito convulso en confrarías como Fisterra ou Muxía, pero son moitas as embarcacións nas que unha boa captura depende desta especie, complicando ademais o desenvolvendo do traballo diario. “Ti vas ao aparello, e se che mallan 2-3 abadexos xa tes un problema”, explican os patróns da volta.
Poñen de exemplo que un barco de 5 tripulantes só poida traer 5kg a terra, cando nunha lancha de pesca deportiva poden traer 2 pezas por tripulante, aínda que cada peza sexa de 3 kg. “Outro insulto máis”, valoran.
Deste xeito, o que podía ser unha alternativa que permitiria deixa descansar outras especies como a centola, ou o polbo (de haber cota seguro que unha porcentaxe de barcos centrarían por días a súa pesca nel), queda asbolutamente descartada, provocando ademais unha posible sobrepesca nestas especies tan comprometidas.
Dende o sector da pesca artesanal xa consideran que non deberían ter TACs, pero critican que nos últimos anos, a partir de outubro de Fisterra cara norte estaba pechado ata xaneiro, cando a época forte do abadexo para o palangre é de outubro a febreiro-marzo, polo que os do norte da nosa comarca (do norte de Fisterra ata o golfo de Viscaia) perden dous meses fundamentais.
“Piden relevo xeracional dende as administracións, pero con estas normas que che joden o ano enteiro, quitan as gañas de traballar”, lamentan.
Dende o noso mar, dende o o arrastre lamentan a esmola de cigala que veñen de recibir, mentres outros esperan que a apertura da sardiña dende a semana pasada, sexa un aliciente.