COVID: A comarca de Soneira duplica a incidencia nunha semana

Gráfica realizada por QPC cos datos de transparencia do Sergas
  •  

A incidencia desta 6ª onda na Costa da Morte segue á alza. Nun só mes pasamos de non chegar a 100 novos casos rexistrados nos últimos 14 días, aos case 500 rexistrados este 21 de decembro. Unhas cifras que sitúan a taxa de incidencia acumulada nos 375 casos por cada 100.000 habitantes.

A comarca de Bergantiños medra bastante pero o salto máis importante é o da comarca de Soneira, onde pasan de 50 a 100 novos contaxios chegando xa a unha taxa de incidencia aproximada a 14 días de case os 600 casos por cada 100.000 habitantes.

Novas relaciuonadas