COVID: Nova subida de case o 50% na última semana

Segue a curva do Covid disparándose na Costa da Morte nesta 6ª onda. Na última semana subiron os casos case que nun 50%, pasando de 251 a 368 novos casos detectados nos últimos 14 días nos 19 concellos da bisbarra.
A taxa de incidencia comarcal sitúase nos 280 casos por cada 100.000 habitantes, superando xa a barreira dos 250.
De novo Bergantiños volve ser a comarca máis afectada. A comarca pasou nunha soa semana de 148 a 219 casos rexistrados nos últimos 14 días, cunha taxa de incidencia acumulada que xa supera os 300 casos por cada 100.000 habitantes.
Hai importantes subidas tamén en Vimianzo e en Zas, concello que suma unha taxa de máis de 650 casos por cada 100.000 habitantes, a máis da comarca.
Porén, no Hospital Virxe da Xunqueira non hai ningún hospitalizado, segundo o portal de transparencia do Sergas.
Últimos repasos semanais sobre o COVID
- 09-12-2021: COVID: Multiplícanse por 5 os casos no último mes.
- 01-12-21: COVID: Triplícanse os casos nas dúas últimas semanas.
- 24-11-2021: COVID: A curva volve subir.
- 11-11-21: Lixeira subida pero a incidencia segue á baixa.
- 28-10-2021: COVID: Bergantiños non rexistrou ningún novo caso na última semana.
- 21-10-2021: COVID: Só 4 concellos detectaron algún positivo na última semana.
- 12-10-2021: COVID: 11 concellos non rexistraron ningún positivo nas dúas últimas semanas:
- 29-09-2021: En mínimos.
- 17-09-2021: COVID: Todos os Concellos quedan en Nivel Baixo de Restricións cando se pon en vigor o novo Plan “Hostalería Segura”.
- 27-08-2021: COVID: Falece unha muller de 99 anos no Hospital de Cee.
- 25-08-2021: COVID: 6 Concellos seguirán en Nivel Alto de restricións.
- 19-08-2021: COVID: 15 concellos manteñen restricións a partir do sábado.
- 17-08-2021: COVID: Doblando a curva.