Da horta ao Forum

Degustación de produtos de horta Cando os productos cos que se elaboran os pratos son de primeira calidade, nótase o resultado”. Así corroboraban os asistentes á primeira degustación de productos da horta organizada o mércores no Forum de Carballo pola asociación de profesionais da “Huerta del Noroeste”. Os recoñecidos chefs Adrián Felípez e Juan Mato, empregaron para elaborar os seus pratos productos locais de tempada. Os asistentes degustaron, entre outros, tomate con queixo e licor de leituga, bomba de pataca fina con cabaza asada e salsa de pementos picantes, espuma de allo porro con aceite de perixel e o pastel de cabaza cacahuete.
Un dos obxetivos desta inciativa é que as hortalizas e verduras dos agricultores da bisbarra ocupen un lugar destacado nas cartas dos restaurantes de deixen de ser unicamente un acompañamento no prato. Na degustación, impulsada polo GDR Bergantiños, participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, os concelleiros Luis Lamas e Xosé Regueira, ademais doutros alcaldes da comarca, produtores e hostaleiros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • AD Bergantiños