A Deputación propón un Plan de Acción Local da Axenda Urbana para a Costa da Morte

Estarán implicados 10 concellos das comarcas do Xallas, Fisterra, Muros e Terra de Soneira que suman un total de 45.673 habitantes

Singular proposta aprobada este venres no pleno da Deputación da Coruña. Todas as forzas políticas aprobaron solicitar unha subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a a execución dun proxecto piloto consistente na elaboración dun Plan de Acción local da Axenda Urbana para a Costa da Morte

A Axenda Urbana é un documento estratéxico que persegue acadar a sustentabilidade nas políticas de desenvolvemento urbano. Constitúe ademais un documento de traballo e un proceso para todos os actores, públicos e privados, que interveñen na planificación dos núcleos urbanos, pensando nos retos do cambio cllimático, na planificación urbanística, que sexa transitable a pé e en bici...

Plan incluirá composta un conxunto de 10 concellos localizados nas comarcas do Xallas, Fisterra, Muros e Terra de Soneira que suman un total de 45.673 habitantes e, a nivel de planificación estratéxica, atópanse nunha situación similar en canto a plans aprobados e postos en marcha, tamén en relación a datos demográficos e socioeconómicos, así como no relativo a debilidades, ameazas, fortalezas, oportunidades, problemáticas e retos a abordar.

 

 

Este plan de acción local terá un período de execución de 9 meses e un orzamento estimado de 150.000 euros, que serían totalmente sufragados pola subvención do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, no caso de ser finalmente concedida.