A Deputación propón un Plan de Acción Local da Axenda Urbana para a Costa da Morte
Singular proposta aprobada este venres no pleno da Deputación da Coruña. Todas as forzas políticas aprobaron solicitar unha subvención ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para a a execución dun proxecto piloto consistente na elaboración dun Plan de Acción local da Axenda Urbana para a Costa da Morte.
A Axenda Urbana é un documento estratéxico que persegue acadar a sustentabilidade nas políticas de desenvolvemento urbano. Constitúe ademais un documento de traballo e un proceso para todos os actores, públicos e privados, que interveñen na planificación dos núcleos urbanos, pensando nos retos do cambio cllimático, na planificación urbanística, que sexa transitable a pé e en bici...
O Plan incluirá composta un conxunto de 10 concellos localizados nas comarcas do Xallas, Fisterra, Muros e Terra de Soneira que suman un total de 45.673 habitantes e, a nivel de planificación estratéxica, atópanse nunha situación similar en canto a plans aprobados e postos en marcha, tamén en relación a datos demográficos e socioeconómicos, así como no relativo a debilidades, ameazas, fortalezas, oportunidades, problemáticas e retos a abordar.
Este plan de acción local terá un período de execución de 9 meses e un orzamento estimado de 150.000 euros, que serían totalmente sufragados pola subvención do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, no caso de ser finalmente concedida.